A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle por segundo ano
consecutivo, entre o martes 17 e o xoves 19, a Érték Conference, unha serie de conferencias e talleres promovidas por un grupo de estudantes da facultade, que están dirixidas a completar a formación do alumnado das diferentes titulacións en ámbitos como o marketing e a comunicación.

Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, este ano o evento desenvolverase de xeito online, por medio da plataforma Twitch. Értek contará nesta edición con 15 ponencias desenvolvidas por diferentes profesionais do mundo da comunicación así como unha mesa redonda na que participarán recoñecidas personalidades do mundo das redes sociais.

O evento comeza o martes 17 ás 10:30 coa presentación das xornadas e, ao longo dos días sucesivos, poderemos desfrutar de ponencias como as de María Troncoso, xestora de comunicación de CocaCola; Ángel Piñeiro, responable de comunicación de festivais como o Resurrection Fest; ou Jaime Conde, director xeral de Quattro ICP; entre outros.

Ademáis, este ano contamos con moitas novidades e sorpresas, que veñen da man dos nosos patrocinadores oro: Gadis, Marco Coffee&Drinks, Carlín, Domino’s Pizza e Bizum.

Categories:

No responses yet

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *